Sodes tradutoras, así que só ofrecedes servizos de tradución?

Non, tal e como indicamos na nosa páxina de Servizos, tamén ofrecemos servizos de corrección e revisión en galego e castelán; de subtitulado; de transcrición; de localización, de transcreación e de redacción de contidos.

Non tes claro se ofrecemos o servizo que buscas? Escríbenos.

Por que só traducides cara ás vosas linguas maternas?

Ambas temos a sorte de ser bilingües en galego e español, polo que entendemos que acadar este nivel de fluidez e naturalidade nun idioma non é unha labor sinxela. Para garantir que os teus textos non perdan calidade nin naturalidade ao trasladalos a outro idioma, preferimos limitarnos a traducir cara a estas dúas linguas dende as nosas linguas estranxeiras de traballo; é dicir, ofrecemos servizos lingüísticos nas seguintes combinacións:

  • Tradución inglés-español
  • Tradución francés-español
  • Tradución portugués-español
  • Tradución galego-español
  • Tradución inglés-galego
  • Tradución francés-galego
  • Tradución portugués-galego
  • Tradución español-galego

Como solicito unha tradución?

Se precisas traducir un arquivo, podes poñerte en contacto connosco por correo electrónico ou chamándonos ou enviándonos un WhatsApp.

O máis simple é que, se nos envías un correo electrónico, achegues o arquivo que queres traducir e nos indiques a data para a que o precisas, xa que así poderemos preparar o orzamento e enviarcho o antes posible.

Unha vez recibamos a aprobación do orzamento, poñerémonos mans á obra coa tradución, revisión ou subtitulado. Queres saber máis acerca do noso método de traballo? Ponte en contacto connosco.

Como se calcula o orzamento dunha tradución?

En función do tipo de servizo que precises e da clase de texto, podemos elaborar o orzamento de diferentes maneiras. Normalmente, aplicamos a tarifa estipulada segundo o número de palabras que desexes traducir ou corrixir. Non obstante, se se trata dalgún servizo que non sexa cuantificable por palabra, cobramos por horas traballadas e, antes de rematar o proxecto, só podemos proporcionarche un orzamento aproximado.

Que é unha revisión cruzada?

A revisión cruzada consiste en que unha tradutora se encargue da tradución dun texto determinado e outra sexa a encargada de revisalo antes da entrega. Para nós, é o método de traballo máis eficaz, xa que participar as dúas no mesmo proxecto representa un valor engadido dos nosos servizos.

Que é a localización?

A localización consiste en traducir, modificar e adaptar un produto ou servizo para que se poida comercializar nun mercado diferente ao orixinal. En xeral, emprégase este termo para denominar máis correctamente a tradución de sitios web, tradución de aplicacións e tradución de videoxogos; xa que non só implica a tradución do contido, senón tamén a adaptación aos aspectos culturais do mercado obxectivo e a realización das modificacións pertinentes para que o produto funcione á perfección nese novo contexto.

En que consiste a transcreación?

A transcreación, ás veces coñecida tamén como tradución creativa, consiste en trasladar unha mensaxe dun idioma a outro centrándonos máis na intención e no efecto que nas palabras. Por exemplo, os slogans publicitarios non serían tan efectivos se se traducen literalmente, non cres?

Que é a tradución audiovisual?

A tradución audiovisual ou TAV é un campo no que se engloban varios servizos diferentes que comparten unha característica: como o seu propio nome indica, non se limitan a ser un texto escrito, senón que contan con outro tipo de soporte. Ofrecemos os seguintes servizos audiovisuais:

  • Tradución para dobraxe
  • Tradución para voice-over
  • Subtitulado
  • Subtitulado para xordos
  • Audiodescrición
  • Transcrición

Queres saber se a nosa experiencia se axusta ao que precisas? Envíanos un correo.

Que tipo de documentos requiren unha tradución xurada?

Unha tradución xurada é unha tradución realizada por un tradutor nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España, cuxo selo (así como sinatura e certificación) lle outorga a mesma validez legal que a que posúe o documento orixinal.

A necesidade de dispor dunha tradución xurada sempre dependerá da institución ante a que teñas que presentar os teus documentos (embaixadas, universidades, institución públicas…), así que o mellor é preguntar directamente ao organismo en cuestión. Os nosos clientes adoitan requirir este servizo para a:

  • Tradución de documentos académicos (títulos, expedientes, currículos, cartas de recomendación…)
  • Tradución de documentos de residencia e nacionalidade (certificados de residencia, certificados de empadroamento, certificados de nacemento…)
  • Tradución de documentos familiares e de sucesión (certificados de matrimonio, sentencias de divorcio, certificados de defunción, testamentos…)
  • Tradución de documentos laborais (contratos, cartas de referencia, declaracións de impostos…)
  • Tradución de documentos mercantís (escrituras de constitución, certificados do Rexistro Mercantil, estatutos sociais…)

Como me podo poñer en contacto convosco?

Para cuestións xerais de calquera tipo, orzamentos ou resolución de dúbidas, podes poñerte en contacto connosco a través do noso correo electrónico ou seguirnos en Twitter, Facebook ou LinkedIn.

Para poñerte en contacto con Clara podes escribirlle, chamala ou conectar con ela en LinkedIn.

Para poñerte en contacto con Tania podes escribirlle, chamala ou conectar con ela en LinkedIn.