Servizos xerais


Tras anos de traballo colaborativo, en Cotranslations ofrecemos diversos servizos lingüísticos cuns prazos de entrega competitivos e a maior calidade garantida. Os nosos idiomas de traballo son o español, o galego, o inglés, o francés e o portugués, pero só traducimos cara ás nosas linguas maternas (español e galego).

Traballamos principalmente con textos de márketing e xurídico-administrativos, aínda que tamén ofrecemos outros tipos de tradución e servizos lingüísticos. Durante a nosa traxectoria, participamos en proxectos de diversa índole e con distinto grao de especialización e por iso somos conscientes de que cada texto necesita valerse de diferentes estratexias lingüísticas para que o resultado sexa un fiel reflexo do orixinal e, ao mesmo tempo, a tradución resulte fluída e natural. Outros ámbitos nos que adoitamos traballar son:

Pode que non precises unha tradución, senón unha transcripción dun audio ou dun vídeo, unha revisión ou corrección dun texto do que xa dispós ou que alguén cree contido para a túa web ou newsletter, servizos que tamén ofrecemos.

Como profesionais da lingua, o noso compromiso consiste en combinar a nosa experiencia coas necesidades específicas do servizo que precisas, polo que a boa comunicación co cliente é esencial durante todo o proceso.

Queres saber se a nosa experiencia se axusta ao que estás a buscar? Descarga a nosa folla de servizos ou escríbenos e pregunta o que precises. Tamén podes descubrir máis sobre nós na nosa presentación. Estamos desexando coñecerte e traballar xuntos!