TRADUCIÓN DE MÁRKETING E TRANSCREACIÓN

A tradución sempre foi o mecanismo que posibilita o entendemento e intercambio entre seres humanos, especialmente nun mundo tan globalizado coma o de hoxe en día. Nun contexto no que cada vez é máis sinxelo viaxar, enviar produtos e compartir ideas dunha punta a outra do planeta, resulta fundamental dispoñer dunhas profesionais que conten con amplos coñecementos culturais, creatividade, dotes de redacción e, por suposto, capacidades lingüísticas e de márketing, para que o teu negocio acade o seu máximo potencial. E aí é onde entramos nós.

Contamos con experiencia na tradución de textos de diferente tipoloxía centrados no márketing e promoción de distintos produtos, como bens de consumo, sitios web ou contido para redes sociais. Que tipo de textos traducimos para clientes coma ti? Pois a verdade é que de todo un pouco, como poderás ver a continuación. Sen embargo, o punto común en todas estas traducións é que sempre temos en conta as preferencias do noso cliente para tratar de reorientar as campañas de xeito que resulten máis efectivas en Galiza, España ou no mercado hispanofalante, en función do público obxectivo en cada caso.

Algúns exemplos de campañas e proxectos nos que traballamos:

  • Localización de sitios web e aplicacións
  • Subtitulado de vídeos promocionais
  • Tradución de artigos e notas de prensa
  • Tradución de contido para redes sociais
  • Tradución de correos electrónicos e boletíns
  • Tradución de folletos
  • Tradución editorial
  • Tradución de manuais e guías
  • Tradución de material formativo
  • Tradución de presentacións
  • Transcreación de contido

Bótalle un ollo á nosa folla de servizos de márketing e descubre todo o que podemos facer por ti ou chámanos ou escríbenos para falarnos do teu proxecto, estamos desexando coñecerte!