TRADUCIÓN XURÍDICO-ADMINISTRATIVA E TRADUCIÓN XURADA

A tradución xurídico-administrativa é unha disciplina complexa que require tanto coñecementos lingüísticos como xurídicos e unha especial meticulosidade. Unha mala tradución podería ter consecuencias en calquera campo, pero, nesta rama da tradución, as consecuencias poderían ser aínda máis graves e desembocar na desestimación dun proceso ou en serias complicacións para os clientes.

Para evitar estes problemas, é fundamental contar con profesionais con experiencia que dediquen a cada encomenda o tempo necesario para garantir que a tradución sexa un fiel reflexo do orixinal e non dea lugar a malos entendidos ou ambigüidades. Por iso só aceptamos encomendas cun prazo e temática cos que nos sintamos cómodas para así poder asegurar que o resultado sempre sexa óptimo.

Participamos en diversos proxectos relacionados con:

  • Tradución de certificados (matrimonio, defunción, nacemento…)
  • Tradución de contratos (termos e condicións, contratos laborais, contratos de compravenda…)
  • Tradución de documentos administrativos (guías de declaración da renda, solicitudes, modelos…)
  • Tradución de documentos de natureza civil (testamentos, actas, documentos do rexistro civil…)
  • Tradución de documentos mercantís (estatutos sociais, certificados de constitución, solicitudes de rexistro de sociedades…)
  • Tradución de documentos procesais (recursos, demandas, informes periciais, comisións rogatorias…)

En certas circunstancias, cómpre que, ademais de realizar a tradución dun documento, esta tradución teña carácter oficial, é dicir, que sexa unha tradución xurada. Para iso, é preciso que o tradutor que a realice sexa un tradutor-intérprete xurado nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e inclúa na tradución a súa certificación, firma e selo, que confiren ao documento a mesma validez legal que o documento orixinal. Se este é o teu caso, non te preocupes, xa que Tania pode realizar traducións xuradas na combinación inglés>español.

Se queres saber en que tipo de proxectos participamos ata o de agora, podes descargar a nosa folla de servizos xurídico-administrativos ou poñerte en contacto connosco chamándonos o enviándonos un correo electrónico.