Free songs

Traballamos con español, galego, inglés, francés e portugués. A continuación, poderá atopar toda a información relativa aos servizos lingüísticos que ofrecemos:


TRADUCIÓN

Traducimos textos de diversa índole e diferente grao de especialización e por iso somos conscientes de que cada texto precisa valerse de diferentes estratexias lingüísticas para que o resultado reflicta o orixinal e, ao mesmo tempo, a tradución sexa fluída e natural.

Contamos con experiencia en tradución de textos xurídicos (comisións rogatorias, denuncias, antecedentes penais…), textos administrativos (solicitudes, actas, resolucións…), textos económicos (balances de contas, formularios de impostos, actas de xuntas de accionistas…), textos divulgativos (noticias, información turística, textos publicitarios…), textos artísticos (exposicións para museos, folletos publicitarios, paneis informativos…), textos literarios e artigos académicos de diferentes campos de especialidade.

Ademais, se só precisa comprender as ideas principais dun texto escrito nun idioma estranxeiro, en Cotranslations podemos realizar unha tradución resumo que lle facilite a labor.

tradución

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

tradución audiovisual

TRADUCIÓN AUDIOVISUAL

Os textos audiovisuais contan con características específicas que fan que na súa tradución haxa que ter en conta aspectos como a subordinación á imaxe e as especificidades de cada modalidade de tradución audiovisual. En Cotranslations podemos realizar a tradución de guións para dobraxe e voice-over nos que a creatividade e a naturalidade son as nosas máximas. Tamén temos en conta os retos que presenta a creación de subtítulos á hora de reproducir o contido do texto orixinal cun espazo e tempo limitados. Ademais, somos conscientes das necesidades de certos colectivos sociais, polo que ofrecemos servizos tanto de audiodescrición como de subtitulado para xordos. Por último, tamén ofrecemos servizos de transcrición no caso de que desexe ter por escrito o contido dun vídeo ou dun audio.

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

LOCALIZACIÓN

A localización consiste en traducir, modificar e adaptar un produto ou servizo para que poida comercializarse nun mercado diferente ao orixinal. Por exemplo, se desexa ampliar o alcance do seu sitio web, dunha aplicación móbil ou dun videoxogo que creou, non só traduciremos o seu contido, senón que tamén teremos en conta os aspectos culturais do mercado destinatario para realizar as modificacións pertinentes e que o seu produto funcione á perfección nese novo contexto.

localización

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

tradución xurada

TRADUCIÓN XURADA

En certas circunstancias, é preciso que, ademais de realizar a tradución dun documento, esta tradución teña un carácter oficial. Este pode ser o caso de expedientes académicos, libros de familia ou sentencias xudiciais. Para que unha tradución teña o carácter de xurada, é necesario que o tradutor que a realice sexa un tradutor-intérprete xurado nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación e inclúa na tradución a súa certificación, firma e selo, que confiren ao documento a mesma validez legal que o documento orixinal.

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

REVISIÓN E CORRECCIÓN

Se necesita que alguén realice unha revisión pormenorizada dun documento, ben sexa unha tradución ou un documento orixinal, en Cotranslations podemos realizala por vostede. Para lograr que o resultado do texto final sexa o mellor posible, realizaremos dous tipos de correccións diferentes: unha de estilo e outra ortotipográfica. No proceso de corrección de estilo encargarémonos dos problemas que dificulten a comprensión do texto, como impropiedades léxicas, redundancias, cacofonías, pleonasmos, lonxitude desmesurada das oracións… Na corrección ortotipográfica trataremos aspectos como a puntuación, a unificación, a normalización e a detección de posibles erratas ou erros gramaticais.

revisión e corrección

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

transcreación e redacción de contidos

TRANSCREACIÓN E REDACCIÓN DE CONTIDOS

A transcreación, ou tradución creativa, consiste en trasladar unha mensaxe dun idioma a outro, adaptándoo a unha cultura concreta. En principio, parece coincidir coa definición de tradución, pero, a principal diferenza entre ambas consiste en, que durante o proceso de transcreación, a tradutora ten máis liberdade para deixarse levar pola creatividade e transmitir a mensaxe na lingua de destino sen “traizoar” ao autor do texto orixinal. En Cotranslations contamos coa experiencia e creatividade necesarias para lograr que a mensaxe cause o mesmo efecto e provoque as mesmas sensacións no lector que o texto orixinal. Así mesmo, se precisa crear novo contido para o seu blog, web ou aplicación e non atopa as palabras axeitadas, podemos redactar textos orixinais de calidade en función das súas necesidades e, ademais, contamos con experiencia en creación de contidos para a ensinanza de idiomas.