Free songs
  • Como se solicita unha tradución?

    Pode enviarnos o documento que desexa traducir por correo electrónico. Unha vez recibido o documento, analizarémolo avaliando as súas características e extensión, realizaremos un orzamento e fixaremos unha data de entrega. Tras enviar o orzamento e recibir o seu visto e prace, procederemos a realizar a tradución, maquetación e revisión. No seguinte gráfico resúmese brevemente todo o proceso, dende a recepción do documento orixinal até a entrega final.

  • Como se calcula o orzamento dunha tradución?

    En función do tipo de servizo que precise o cliente e do tipo de texto, podemos realizar orzamentos de diferentes xeitos. Normalmente, á hora de realizar o orzamento, aplicamos a tarifa estipulada ao número de palabras que o cliente desexa traducir ou corrixir. Con todo, se se trata da maquetación ou da transcrición dun texto, cobramos por horas traballadas e, antes de rematar o proxecto, só podemos facer unha estimación aproximativa respecto ao orzamento.

  • Que é unha tradución xurada?

    Unha tradución xurada é unha tradución realizada por un traductor nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, cuxo selo (así como firma e certificación) lle otorga a mesma validez legal que a do documento orixinal. Por exemplo, para documentos que se deben presentar ante organismos oficiais (certificados académicos, antecedentes penais, documentos bancarios…), necesitará unha tradución xurada. O procedemento é rápido e sinxelo. O único que ten que facer é enviarnos unha copia escaneada do documento que desexa traducir á nosa dirección de correo electrónico. Unha vez examinado o documento e realizado o reconto de palabras, enviarémoslle un orzamento sen compromiso á maior brevidade. Unha vez aceptado o orzamento e fixado o prazo de entrega, procédese á realización da tradución. En canto a tradución estea finalizada, recibirá o documento na dirección postal que nos facilite.

  • Que é unha tradución inversa?

    Unha tradución inversa é aquela na que o tradutor traduce dende a súa lingua materna a outra lingua. En Cotranslations consideramos que é imprescindible dotar a cada texto da maior calidade e naturalidade posible, polo que, agás en casos moi excepcionais, non aceptaremos este tipo de encargos.

  • Podo intervir no proceso tradutolóxico?

    Por suposto, poderá poñerse en contacto connosco se desexa puntualizar calquera aspecto relacionado co texto e, ademais, poderá realizar todas as observacións que considere pertinentes á hora de encargar a tradución para que o resultado final o satisfaga o máximo posible. Por último, unha vez recibida a tradución, poderá comentarnos calquera aspecto ou preferencia relacionada coa labor de tradución para que a poidamos ter en conta en ocasións futuras.